Para ampliar la imagen: 1º haga "clic" sobre la foto, 2º maximice la ventana e incluso un 3º "clic" sobre la foto para su expansión

Rubillón es un núcleo de población, que junto con Acebedo y Liñares constituye la parroquia de Baiste, del Aymto. de Avión, que pertenece a Ribadavia como capital de la Comarca del Ribeiro y a la Provincia de Ourense.

 

HOMENAXE A MANUEL XUSTO AMARO

 

Rubillón, 27 de Xuño de 2009

Nos permitimos la libertad de reproducir el texto de la presentación de este homenaje por el Secretario de la Asociación Jaime Iglesias, que consistió en un acto cultural y social:


Un acto Cultural, donde los vecinos escuchan la labor desarrollada por el Sr. Xusto, aunque la mayor parte de los presentes la recuerdan y un acto Social, en donde los vecinos participan en una merienda en el propio Centro Social, con la manifestación unánime de agradecimiento a la labor desarrollada por el Sr Xusto.


Todos estas imágenes van dirigidas especialmente a los vecinos que veranean en Rubillón y residen habitualmente en México, Vigo, Pontevedra, Orense, Carballino, etc. Supone para todos un par de meses de plena convivencia.

 

Queridos conveciños,  Sr. Alcalde de Avión, Saudos e Boas tardes


Estamos diante do noso Centro Socio-Cultural, que nos trae moitas lembranzas a casi todo-los presentes, por tratarse de unha gran obra comunitaria, froito da labor dun home da emigración, que nas suas vacacións sentía e convivía coas necesidades da xente do pobo de Rubillón.


Como todos sabedes, estamos falando de Don Manuel Xusto Amaro, que sendo oriundo de Rubillón, estivo emigrado en México  durante moitos anos. Un home que temos no corazón, ainda que haxa  vintecinco anos que nos deixou para sempre. Por tolo elo, en nome do Presidente da Asociación de Veciños,  Manuel Pérez  Sixto, quero facer unha sinxela semblamza orientada a xente xoven que non tivo a sorte de conocelo:


 
 

1.- Como todos choramos a falta de Xusto, a Asociación de Veciños de Rubillón, na Asemblea anual celebrada o día 5 de Xuño do 2008, otorgoulle por unanimidade o noso recoñecemento a titulo póstumo, dando a esta Casa Social, que é a casa de todos, o nome de Manuel Xusto Amaro. Este homenaxe consiste en colocar unha Placa neste Centro co seu nome:

Centro Cultural / “Manuel Xusto Amaro” /Rubillón  / 1968

 

2.- Durante as frecuentes visitas a Rubillón na compaña da súa dona Dña Mary, onde tiña a outra familia e as lembranzas da infancia,  ocupaba os seus días a plena adicación o seu pobo natal. Tivo unha etapa de frecuentes viaxes, dende os anos de 1950 ao 1984, logrando un cambio radical das obras comunitarias, tanto sociais, como da comunicación e deportivas do noso pobo de Rubillón.

 
 
 

3.- O Sr. Xusto, empezóu por promove-la obra, a recadar aos medios económicos e a dirixir aconstrucción da Carretera Rubillón-Doade, feita coas doacións de terras e man de obra dos veciños de Rubillón, base da abertura de solares do moderno Rubillón. Todo elo denantes da existencia da carretera de Mouriscados-Vilariño-Couso-Taboazas, tamén vital para as nosas comunicacións

4.- Solicita-las terras para ao Centro social e deportivo,  ata consegui-la construcción dunpolideportivo, hoxe convertido en cancha de Tenis, en Futbito, nas áreas Recreativa de rapaces e de Comidas de confraternidade o aire libre.

 
 
 

5.- Naturalmente a Casa-Escola de Primaria no 1968, mais tarde co beneplácito do Concello de Avión, transformada en Centro Socio-cultural para homes e mulleres de Rubillón, moy necesario cando hoxe en día, non hai un comercio, nin xiquera unha taberna tradicional de convivencia. Tampouco esquecéu a planificación do alumeado público, a traida de augas do Suido e algunhas cousas mais.

6.- Ainda que o máis importante de Dn. Manuel era a súa afabilidade, o seu achegamento, así como ao vencellamento ao todo-los seus queridos veciños. Podo falar así de Xusto por xusto, porque mentres fixo a sua casa, viviu na casa de meus Pais durante oito meses, por esa razón tiven a oportunidade de colaborar en casi toda-las  suas realizacións.


Naturalmente houbo toda a colaboración do pobo de Rubillón, tanto económica, como coa  súa man de obra e cesión de terreos de forma altruista, sin esquecer as axudas do noso Concello, a nosa Institución, na que a veces quezais concebimos excesivas  esperanzas.





 

7.- Durante e despois destas fechas merecen destacar a especial  colaboración  de Manuel Martínez Amaro e do sobriño de Xusto, Manuel Carreiro Xusto, entre outros, que de forma desinteresada mantiveron e milloraron a obra de Xusto hasta hoxe, tanto pola sua entrega persoal, como a través da Asociación de “Veciños” e da propia Comunidade do “Monte foral” de Rubillón.


Gracias a estas obras realizadas podemos manteñer este espíritu de convivencia, evitando que as nosas aldeas queden deshabitadas ou en pouco tempo desérticas, como está pasando noutros  moitos núcleos de poboación rurais  de Galicia.

 

8.- Como remate, dámoslle as gracias ao  Sr. Xusto pola obra que nos deixou  e a tódo-losVeciños que doaron a suas terras, que aportaron os medios económicos e incluso man de obra.Gracias tamén pola vosa presencia e comprensión.

 


 

Gracias Sr Alcalde por acudir a esta cita,  polo acougo que nos estás dando. Que Avión non se esqueza de este pobo cheo de inquedanzas. A derradeira petición e que nos descobra a Placa adicada ao Sr. Xusto Amaro. Moitas grazas. J.I.C.